Introducción Método de traballo Outras probas Diagramas Conclusións Capítulo final Táboas

1.- Piñeiro

Moi abundante en toda Galicia,e polo tanto,tamén moi habitual nas estufas e cociñas galegas.Como todas as especies leñosas non dan moita cinza en relación ó peso,o piñeiro neste especto casi se pode decir que é o punto medio en relación a outras árbores.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,05 2,55 25,1 0,36 6,22 0,88 2,00 60,95

Probas :

Soa.- Punto de fusión cercano a 1250º C,na proba aparece fundida,algo escamada e de superficie semimate.

K1-1.- Barniz crema gris con algún moteado,opaco e satinado de tacto e aspecto moi agradable.Xa sirve como base.

K2-1.- Barniz ben fundido,brillante e transparente lixeiramente craquelado.Non escurre.Según as probas a,b,c e d,o talco (b) "seca" o barniz nas capas grosas cun fino craquelado;co bario o punto de fusión baixa un chisco;a combinación de rutilo e ferro na base produce uns mostazas azuis moi interesantes a condición de estar aplicado en capa grosa e non pasalo de temperatura.

K3-1.- Unha base blanco crema cun azul claro nas capas delgadas.Opaco brillante.Nas probas con óxidos colorantes,o óxido de ferro da uns colores moi suaves,ó 6,5% o barniz é de cor mostaza escura.Co cobre da turquesa verdoso e co cobalto un azul medio.En todos eles a condición indispensable é a capa,que ten que ser grosa.



2.- Pinas

Deixan bastante carbón como residuo,ainda asi produce unha cantidade de cinza algo maior da media leñosa.

Composición.:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,17 6,37 5,11 1,19 7,17 1,45 3,61 72,68

 

Soa.- Fundida totalmente a 1260ºC,mais fundida que a de piñeiro,algo plegada e brillante.

K1-2.- Barniz satinado,ben fundido e lixeiramente tintado de verde gris;nas capas mais grosas tende a plegar.Non escurre.

K2-2.- Transparente brillante e lixeiramente craquelado,nas capas mais grosas pode tender ó gris axulado pálido.Non escurre.

O rutilo opacifica notablemente éste barniz,co 6,5% (e boa capa) xa resulta opaco ,sin embargo tanto o talco como o bario axudan a facelo mais fluido e transparente,e probablemente mais “blando” de fusión.

K3-2.- Barniz ben fundido,opaco brillante de cor blanca;aplicar en capa media-grosa.Nas probas con óxidos da cores moi suaves e interesantes;o tono de azul é medio e co ferro tamén aparecen azuis.Co niquel,en capa grosa,da unha amalgama de cores mostaza,gris e azul.



3.- Carballo

En Galicia non é dificil de atopar cinza de carballo,tanto nas casas como en certos establecementos (casi sempre relacionados ca gastronomia) úsase regularmente carballo.É unha especie que non deixa moita cinza,mais baixa que a media.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,06 1,38 28,80 0,39 2,60 0,41 1,84 62,58

 

Probas:

Soa.-Punto de fusión cercano a1250-1260ºC . Tonalidad marrón na fusión.

K1-.3- Barniz mate de aspecto seco pero ben fundido,gris blanquecino e opaco.

K2-3.- Transparente entre satinado e brillante,boa fusión e non escurre.

Con bario e talco están bastante fluidos;con rutilo da mellor resultado nas capas delgadas,quedando unha superficie mate de cor parda.

K3-3.- Nas capas grosas é un blanco crema pero que nas delgadas faise transparente rapidamente;brillante en calquera caso.Ben fundido e non escurre.

Con niquel da mostazas e azuis claro;con cobre a cor é dificil de definir,unha mezcla de verde,azul claro e turquesa;o tono de azul con cobalto non é tan bonito como en outras probas (cuestión de gustos,tamén).Con ferro da tonos cremas e crema-azul en pequenas porcetaxes e azuis escuro e mostaza co 6,5%,cun peligroso marrón transparente con pouca capa ou cocido de mais.


4.- Ameneiro

Dentro das leñosas,o ameneiro é unha especie que deixa bastante cinza e ademais é bastante pesada,de todo-los xeitos non é unha madeira que se use habitualmente para queimar.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,03 0,97 30,80 0,33 3,72 0,63 2,80 58,89

Probas.-

Soa.- Punto de fusión bastante mais alto,a 1260ºC queda como calcinada,un polvo marrón oscuro.

K1-4.- Barniz mate de cor gris blanquecino opaco que nas capas mais delgadas tende ó pardo.

K2-4.- Transparente satinado con tendencia ó brillante co aumento de temperatura.Ben fundido,non escurre.

Tanto con bario como con talco queda un barniz transparente brillante cun craquelado fino,con rutilo o grosor da capa é fundamental;en grosa é brilante e en delgada é mate de cor parda rojiza co 2% de ferro.

K3-4.- Blanco brillante,mais opaco nas capas drosas e transparente nas delgadas.

Co cobalto o tono de azul varia según a capa,azul malva transparente en capa delgada que vai clareando,e opacificando,según aumentamos o grosor.Con ferro da marrón escuro brillante na maior porcentaxe e con niquel da mostaza e azul cun efecto de “movido”;cando abre por falta de capa aparece un pardo marrón.Con cobre a cor é verde medio,transparente e brillante;si aumentamos a capa a cor varia hacia un tono mais claro.

 


5.- Eucalipto

Casi unha plaga en certas partes de Galicia,o seu uso como leña é bastante habitual.Deixa moi pouca cinza,se cadra o que menos.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,04 1,25 28,40 0,28 7,30 1,41 1,02 58,49

Probas.-

Soa.- Punto de fusión cercano a 1250-1260ºC tirando hacia arriba,algo mais refractária que a de piñeiro.Tono marrón verdoso.

K1-5.- Barniz ben fundido de aspecto seco,mate opaco e de cor gris clara verdosa con áreas mais verdes e brillantes nas capas grosas.

K2-5.- Transparente,mate nas capas grosas e mais brillante según adelgaza a capa.Non escurre.

Con talco queda un barniz seco nas gapas grosas e con bario transparente brillante cun leve tono verdoso.Nas probas con rutilo da brillantes bastante feos só salvables nas capas delgadas.

K3-5.- Barniz opaco brillante de cor blanca,necesita unha unha boa capa senon transparenta rapidamente.

Parece que o cobre é o que mellor resultados da nesta base,un verde pálido;co cobalto o tono de azul é medio que oscurece e vira ó violeta nas capas delgadas.En xeral viríalle ben engadir un pouco mais de caolin á base.

 


6.- Parra

Un material moi interesante;apenas deixa desperdicio,arde rápido e a cantidade de cinza é moi alta

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,02 0,48 28,20 0,19 4,35 0,89 3,46 60,53

Probas.-

Soa.- A 1260 queda calcinada,algo mais fundida que o ameneiro (nas aguadas chega a fundir) pero o seu punto de fusión está por riba de 1300ºC.

K1-6.- Barniz mate opaco gris blanquecino de tacto agradable.Ben fundido e non escurre.

K2-6.- Barniz ben fundido que matea a medida que a capa engorda.Transparente con tendencia a opacificar co grosor da capa. Con rutilo da tres efectos ben diferentes,con pouca capa queda mate (e pardo nas beiras),en capa media é brillante e en capa grosa ou,mellor, moi grosa da un blanco azulado.Con bario e talco o barniz é transparente e ben fundido.

K3-6.- barniz moi blanco,boa fusión e mellor aspecto.O que mais aguanta o carácter de opaco a pesar da capa.Nas probas con óxidos os resultados son bastante bós,con ferro (6,5%) da un barniz moi interesante mostaza azul,con cobre un verde pálido e co cobalto un azul suave;a proba con niquel da un pardo mostaza con fondo gris azulado.

 


7.- Palla

É a clasica paca de palla que se lle da os cabalos como forraxe,neste caso de cebada.Unha paca ten un peso aproximado de 25 Kg..Queimala leva tempo xa que arde moi violentamente e corremos o risco de que unha boa parte das cinzas voen literalmente.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,06 0,97 19,40 0,35 3,23 0,87 6,93 66,12

Probas.-

Soa.- Fundida a 1260ºC.Cor blanca que nas capas grosas e opaca e mate,nas aguadas é mais brillante.

K1-7- Barniz ben fundido que non escurre;satinado semiopaco de cor gris verdosa,mais blanco nas capas grosas.

K2-7.- Satinado e semiopaco que vai de transparente a blanquecino según a capa.Non escurre.

Con rutilo é mais opaco crema azulado,con talco é mate en capa grosa e con bario matea si a capa é moi grosa.Non escurre en ningún caso.

K3-7.- Blanco azulado que necesita unha boa capa para se desenrolar ben;ten un tono de blanco-azul moi interesante.

Bos resultados con adicións de ferro,dando pardos azulados,con cobre da un verde mais azul e con cobalto un azul claro que oscurece á adelgazar a capa.Mostaza con fondo azul claro con niquel.

 


 

 

 

8.- Fieitas

Se cadra,a especie que mais cinza deixa e eso que unha parte considerable escapa polo aire na propia combustión.É moi livián e é a que mais tarda en sedimentar.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,05 1,36 7,28 0,38 3,78 2,04 2,67 79,96

Probas:

Soa.- Nas aguadas xa está fundida pero en capa capa grosa ainda lle falta.

K1-8.- Impecable barniz satinado e algo cubrinte dun tono marrón verdoso (influencia da pasta que é algo ferrosa).Interesante.

K2-8.- Barniz ben fundido con tacto agradable mais mate nas capas grosas , transparente.

Crema azulado con rutilo,algo mais gris si lle añadimos de ferro (2%).Con bario e talco da un transparente brillante.

K3-8.- Opaco brillante de cor blanca azulada similar ó 7.Necesita unha boa capa.

Con 6,5% de ferro da un azul oscuro con mostaza nas capas grosas;verde azulado con cobre e pardo azul con niquel.A proba con cobalto da o mellor tono de azul da serie,moi suave.En xeral toda-las probas con óxidos dan uns colores moi bos.

 


9.- Teka

É unha especie da que é bastante dificil conseguir cinza xa que non se usa nunca para queimar e o seu uso en carpinteria está restrinxido,está neste traballo mais ben coma unha curiosidade.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,06 1,47 31 0,25 2,46 0,54 0,48 61,82

 

Probas:

Soa.- Calcinada a 1250ºC,similar á parra.

K1-9.- Barniz mate gris claro,opaco que nas capas grosas tende a brillar.

K2-9.- Barniz transparente satinado,non escurre.Cas adicións de rutilo non chega a opacificar de todo pero si que colorea de pardo amarillento;con talco queda una barniz transparente brillante cun suave color verde azulado y craquelado (sobre pastas blancas). Con bario da un barniz satinado/mate.

K3-9.- Barniz que nas capas delgadas e medias queda transparente brillante,necesita capas moi grosas para desenrolar un blanco azulado.Con cobalto da un tono bastante feo de azul violeta transparente,bastante escuro.Tanto con ferro como con niquel da colores marróns transparentes e verde medio con cobre.Se cadra a proba mais interesante é a –e- (1,5% de ferro) de cor blanca azulada.A 1260ºC vai un pouco pasado de fusión.

 


10.- Común1

Cinzas de estufa,cociña de leña,etc;o sea da casa.Mezcla de pino,eucalipto,algo de carballo e un pouco de todo o que arde.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,25 3,92 27,90 1,00 3,06 1,81 5,73 54,64

Probas:

Soa.- Non está fundida,ainda que se intuie unha fusión mais baixa que a teka ou o ameneiro.

K1-10.- Gris blanquecino con forte moteado oscuro ;non escurre.Mate opaco.

K2-10.- Satinado moteado;transparente e non escurre.Con rutilo e en capa grosa da blanco crema azulado;tanto con talco como con bario da un barniz transparente brillante (mais mate con bario) cun lixeiro tono verde azulado,tipo celedón,ó que se lle sigue notando o moteado.

K3-10.- Blanco brillante con lixeiro moteado.Nas capas delgadas é mais transparente.

En toda-las probas co óxidos vése que necesita unha boa capa,con ferro da un azul escuro con fondo marrón (capa delgada).Con cobalto da un azul claro con algo de espuma blanca e con cobre da un verde bastante azulado.Mostaza azul con niquel.

 


11.- Común2

É unha mezcla similar á anterior pero sen lavar,só peneirada por un tamiz basto de primeiro e despois polo tamiz #80.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,42 5,96 27,40 2,00 2,29 2,75 12,00 45,76

Probas:

Soa.- Similar aspecto á anterior.

K1-11.- Moi parecido ó anterior,co moteado mais acentuado e superficie mais seca.

K2-11.- Barniz satinado con moteado mais acentuado que na proba 10.Ten mais tendencia a brillar,se cadra co punto de fusión algo mais baixo.Á igual que ca cinza anterior co rutilo matea hacia un pardo azulado,mais pardo si ademais leva algo de ferro;con bario queda satinado cunha cor verde gris azulada (celedón) nas capas grosas.Con talco da un transparente brillante.

K3-11.- Algo mais fundido que o 10,acentúa o transparente nas capas delgadas.É a cinza que mais motea.

As probas con óxidos son casi iguais que na anterior cinza,algo mais brillante e fundida . Fundamental estar aplicado en capa grosa.

 


12.- Toxo

Moi extendido por toda Galicia,é un material moi agradecido (excepto en apañalo);arde con lume fotísimo e colle unha temperatura moi alta polo que apenas deixa carbón ou restos sen arder pero si abundante cinza.

Composoción:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,18 2,83 7,21 1,27 6,05 3,62 3,58 73,00

Probas:

Soa.- Fundida a 1250-1260ºC con tono marrón verdoso e superficie mate.

K1-12.- Barniz satinado de cor marrón algo mais gris nas capas grosas.Non escurre pero a cor é moi pesada.

K2-12.- Barniz moi ben fundido,transparente con lixeiro craquelado.Non escurre. Con bario queda un verde pálido transparente algo pasado e con talco o tono verdoso é mais suave.Con rutilo da un pardo crema azulado opaco e brillante.

K3-12.- Azul pálido en capa grosaL;Unha cor moi delicada.O aspecto á vista e tacto é perfecto.Nas cinco probas con óxidos desenrola unhas cores moi atractivas;azul escura con mostaza na proba con ferro,mostaza suave e azul con niquel;un tono moi bonito de azul con cobalto e un verde azul con cobre.Non ten desperdicio.

 


13.- Castiñeiro

É,xunto co eucalipto,a especie que menos cinza deixa.Moi lento na sedimentación.

Composición.

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,37 6,42 21,00 2,24 2,34 2,41 2,28 61,05

Probas:

Soa.- Fundida a 1250ºC,tono marrón oscuro algo escamado.

K1-13.- Barniz mate de cor marrón cun tono bastante forte.Nas capas moi grosas a cor tende mais ó gris.Non escurre.

K2-13.- Transparente satinado tirando a brillante. Con rutilo opacifica só en capa grosa cun tono pardo e espuma crema;tanto co talco como co bario da un transparente brillante verde azulado,mais bonito sobre pasta clara ou blanca.

K3-13.- Blanco azul pálido pero que necesita unha boa capa senón transparenta rapidamente.Cando está no seu punto da a cor mais azulada de toda-las probas.Pequenas porcentaxes de ferro dan un crema azulado (nas capas delgadas) moi bonito,con maiores adicións de ferro,da un barniz moi variado,roxo ferruxe tipo “tesha” nas capas delgadas,marrón roxizo nas medias e azul escuro mais mostaza nas capas grosas.Azul suave+mostaza con niquel e azul medio-claro con cobalto.Con cobre da un azul verdoso.

 


14.- Loureiro

Para éstas probas usáronse polas e follas,rápido de queimar e con un rendimento superior á media das leñosas.

Composición:

TiO2 Al2O3 CaO Fe2O3 MgO Na2O K2O SiO2
0,05 1,35 26,60 0,43 3,99 1,22 3,43 61,04

Probas:

Soa.- Fundida a 1250-1260ºC,tono verdoso e aspecto semimate.

K1-14.- Barniz mate de cor crema gris cn tendencia a pardear nas beiras.Non escurre.

K2-14.- Barniz transparente brillante con tendencia a opacificar en capa grosa (o moi grosa) dando unha cor blanquecina.A proba –a- (con 6,5% de rutilo) da un barniz blanco brillante opaco moi agradable,mais pardo na proba que tamén ten ferro.Con bario e talco da un transparente brillante.

K3-14.- Blanco opaco e brillante.Non escurre,nas capas delgadas transparenta ainda que ten mais marxen que outras probas.Mostaza con azul medio nas probas con ferro,pardo mostaza con niquel,verde pálido con cobre e un azul medio con cobalto;todos eles moi bonitos sobretodo a proba con 6,5% de ferro.

Voltar arriba