Introducción | Método de traballo | Estudio por especies | Outras probas | Conclusións | Capítulo final | Táboas |
Diagramas de cinzas (dc)
Neste apartado imos ver o comportamento de diferentes cinzas en combinación con
outros materiais.A mellor forma de ver a variedade deste comportamento é
mediante os diagramas triaxiais.A cantidade de probas a facer dentro dun
diagrama varia según as intencións,a meticulosidade e precisión buscada,neste
caso limitarémonos a facer seis probas orientativas e unha "extrema",cun "salto"
entre elas dun 20%.O traballo con diagramas triaxiais implica longas sesions de
balanza pero merece a pena á hora de sacar conclusións.
Naturalmente,este tipo de diagramas está pensado para mezclas de tres
componentes e asi se fai na maior parte dos casos,sen embargo podemos xogar con
mais materiais.Por exemplo:un dos componentes pode ser una mezcla de dous ou
mais materiais (como ocurre no dc5 no que A= wolanstonita 60+ caolin 40)
abríndonos asi o campo de actuación.
Outra
posibilidade é a mostrada no diagrama 10 (Dc10)no que hai un compoñente
constante ó 10% e o 90% restante van repartidas as porcentaxes coma en calquera
outro diagrama triaxial(tendo en conta que a suma dos compoñentes non é 100
senón 90).Na figura vemos un
diagrama tipo onde se pode ver a situación dos diferentes barnices.
Composición e resultado dos diferentes diagramas:
DC1
Material | DC1-1 | DC1-2 | DC1-3 | DC1-4 | DC1-5 | DC1-6 | DC1-7 |
Feldespato | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Caolin | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 7 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc1-1.- Blanco mate,moi seco pero ben fundido e que non escurre.Ten
boa pinta.
Dc1-2.- Barniz de aspecto leitoso ó que lle falta un pelin de
fusión,notaselle a aplicación.
Dc1-3.- Casi un engobe,petreo e moi mate de tono crema,por suposto non
escurre.
Dc1-4.- Blanco leitoso satinado cunha tendencia ó plegamento un pouco
perigosa.Cubrinte con boa capa,recorda ós barnices de estaño.
Dc1-5.- Crema rugoso que parece mais ben un engobe vitrificado.
Dc1-6.- Satinado cubrinte de cor crema blanco ó que lle falta un pouco de
fusión.
Dc1-7.- Blanco de aspecto brutal,con plegamentos e falto de fusión.Ten
aspecto de barniz texturado.
DC2
Material | DC2-1 | DC2-2 | DC2-3 | DC2-4 | DC2-5 | DC2-6 | DC2-7 |
Wollanstonita | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Feldespato | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 8 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc2-1.- Blanco de aspecto brutal,con
plegamentos e falto de fusión.Ten aspecto de barniz texturado.
Dc2-2.- Crema blanco mate con lixeira tendencia ó plegamento,no ten mal
aspecto.
Dc2-3.- Barniz satinado cremoso;o tacto é moi suave e a fusión
perfecta.Non escurre
Dc2-4.- Barniz mate crema pardo.Nas capas grosas é mate cun aspecto de
flotar sobre un barniz brillante.
Dc2-5.- Barniz mate blanquecino-crema;nas capas grosas é máis blanco e
ten un lixeiro craquelado. Ben fundido,bó barniz.
Dc2-6.- Barniz mate cun pelin de falta de fusión ó que se lle nota as
pinceladas.Crema blanquecino.
Dc2-7.- Perlas mates flotando sobre un barniz brillante.É un efecto
curioso pero a cor non acompaña,pardo marrón.Interesante.
DC3
Material | DC3-1 | DC3-2 | DC3-3 | DC3-4 | DC3-5 | DC3-6 | DC3-7 |
Silice | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Carb.Bario | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 10 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc3-1.-
Dificil de definir,tende a concentrarse en perlas verdosas mentras o resto do
barniz queda mate de cor crema.
Dc3-2.- Ten a mesma tendencia que o anterior aínda que menos.Pardo
transparente brillante nas perlas,máis mate no fondo.
Dc3-3.- Transparente brillante nas capas grosas e mate nas delgadas.
Dc3-4.- Barniz algo pasado,moi brillante e transparente.
Dc3-5.- Barniz transparente brillante que está a punto de empezar a
pasarse.
Dc3-6.- Parece máis un engobe que un barniz de cor branca.Pode valer para
esculturas ou buscando texturas xa que está minimamente fundido.Interesante.
Dc3-7.- Parecido ó nº1 desta serie,volven aparecer as perlas verdosas.
DC4
Material | DC4-1 | DC4-2 | DC4-3 | DC4-4 |
Frita CQ3 | 20 | 20 | 20 | 40 |
Caolin | 20 | 40 | 60 | 20 |
Cinza 14 | 60 | 40 | 20 | 40 |
Dc4-1.- Mate,moi mate.A medio camiño entre o barniz mate e o engobe
vitrificado.Tende a plegar nas capas grosas.Cor parda verdosa.
Dca-2.- Semiopaco satinado,casi brillante,de cor branquecina.Moi boa
pinta aínda que parece que nas capas máis grosas ten burbuxas.
Dc4-3.- Barniz satinado que precisa dunha boa capa para ser cubrinte.A
cor tende a ser branca a medida que engorda a capa.Parece bó.
Dc4-4.- Unha sorpresa;cor crema-gris moi suave, cubrinte e con boa
fusión.Bó barniz.
DC5
Material | DC5-1 | DC5-2 | DC5-3 | DC5-4 | DC5-5 | DC5-6 | DC5-7 |
Wollanstonita | 10 | 10 | 10 | 20 | 20 | 30 | 5 |
Espodumeno | 10 | 10 | 10 | 20 | 20 | 30 | 5 |
Caolin | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 12 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc5-1.- Verde típico de cinzas,mate nas capas delgadas e máis fluido nas
grosas.O tono de verde é máis ben soso e tende ó pardo nos bordes.Está no límite
de escurrir.
Dc5-2.- Transparente cun lixeiro craquelado,non escurre e ten o tacto
agradable,ben fundido.
Dc5-3.- Barniz branquecino mate de tacto agradable que non escurre.Non é
totalmente opaco.
Dc5-4.- Verde pardo brillante cun lixeiro craquelado,ben fundido e que
non escurre.O tono de verde é medio-claro.
Dc5-5.- Transparente brillante,ben fundido e de aspecto impecable.
Dc5-6.- Transparente brillante craquelado e a punto de pasarse.
Dc5-7.- Pardo mate de fusión típica de cinzas,aglomerado en gotóns
DC6
Material | DC6-1 | DC6-2 | DC6-3 | DC6-4 | DC 6-5 | DC6-6 | DC6-7 |
Wollanstonita | 12 | 12 | 12 | 24 | 24 | 36 | 6 |
Caolin | 8 | 8 | 8 | 16 | 16 | 24 | 4 |
Feldespato | 10 | 20 | 30 | 10 | 20 | 10 | 5 |
Dolomita | 10 | 20 | 30 | 10 | 20 | 10 | 5 |
Cinza 6 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc6-1.-
Nas capas grosas aparece un verdoso transparente e brillante cun craquelado
intenso;:nas capas delgadas é mate de cor verde grisácea.Tende a concentrar
o barniz en perlas grandes.
Dc6-2.- Moi parecido ó anterior aínda que menos acusada a concentración.Non
escurre.
Dc6-3.- Barniz mate seco de cor gris verdosa; non escurre.Sobrio.
Dc6-4.- Brillante nas capas grosas e mate nas delgadas.O tono vai hacia
o verdoso a medida que aumenta a capa.
Dc6-5.- Barniz mate gris verdoso,non escurre
Dc6-6.- Barniz opaco,mate nas capas delgadas que tende ó brillo e a craquelar
según aumentamos a capa.
Dc6-7.- Barniz mate seco verdoso con concentracións de barniz que acentúan
a cor.
DC7
Material | DC7-1 | DC7-2 | DC7-3 | DC7-4 | DC7-5 | DC7-6 | DC7-7 |
Feldespato | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Talco | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 3 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc7-1.-
Verde pardo mate cun lixeiro escurrimento.A fusión non é mala de todo.
Dc7-2.- Pardo semimate,ben fundido a sin escurrimentos,o tono é máis ben
soso.
Dc7-3.- Pardo claro mate cunha fusión ó límite.O tono é apagado.
Dc7-4.- Transparente craquelado a punto de pasarse cun tono pardo.
Dc7-5.- Barniz mate semiopaco moi ben fundido e de tacto
agradable.Interesante e o mellor desta serie.
Dc7-6.- Transparente moi ben fundido e de aspecto impecable.Bó barniz.
Dc7-7.- Pasado de rosca,con plegados esaxerados e concentracións
marróns.Pode servir coma exemplo do aspecto típico de barnices con demasiada
cinza.
DC8
Material | DC8-1 | DC8-2 | DC8-3 | DC8-4 | DC8-5 | DC8-6 | DC8-7 |
Feldespato | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Dolomita | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 7 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc8-1.-
Crema mate seco,moi mate con textura rugosa tipo cáscara de ovo.Non escurre.
Dc8-2.- Crema mate,algo máis fluido que o anterior.
Dc8-3.- Efecto desastroso en capas grosas,con moitos plegamentos,e un
pardo marrón escarchado en capa fina.
Dc8-4.- Crema mate e tacto agradable aínda que o aspecto visual é de que
lle falta fusión.
Dc8-5.- Crema mate algo máis fundido que o anterior. O tono non é
uniforme,o que lle da un aspecto interesante.
Dc8-6.- Blanquecino satinado,ben fundido e de tacto moi agradable.O
mellor desta serie.
Dc8-7.- Non chega a fundir.
DC9
Material | DC9-1 | DC9-2 | DC9-3 | DC9-4 | DC9-5 | DC9-6 | DC9-7 |
Feldespato | 10 | 10 | 10 | 20 | 20 | 30 | 5 |
Caolin | 10 | 10 | 10 | 20 | 20 | 30 | 5 |
Dolomita | 20 | 40 | 60 | 20 | 40 | 20 | 10 |
Cinza 1 | 60 | 40 | 20 | 40 | 20 | 20 | 80 |
Dc9-1.-
Plegado en concentracións pardo verdosas o que o fai bastante inservible a non
ser que se busuqe ese efecto.
Dc9-2.- Segue plegando ainda que menos esaxerado que o anterior.
Dc9-3.- Barniz inservible polos plegamentos.
Dc9-4.- Segue tendo concentracións verdosas.
Dc9-5.- Nas capas grosas escurre e plega,nas delgadas da un pardo verdoso
mate.Dificil de usar.
Dc9-6.- O único que ten un pase,transparente brillante nas capas delgadas
e máis seco ou mate nas grosas.Non escurre e o tacto é agradable.
Dc9-7.- Inservible.Pardo plegado.
DC10
Material | DC10-1 | DC10-2 | DC10-3 | DC10-4 | DC10-5 | DC10-6 | DC10-7 |
Caolin | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 |
Feldespato | 20 | 20 | 20 | 40 | 40 | 60 | 10 |
Creta | 20 | 35 | 50 | 15 | 35 | 15 | 10 |
Cinza 2 | 50 | 35 | 20 | 35 | 15 | 15 | 70 |
Dc10-1.-
Plega en concentracións verdosas;de pouco uso salvo casos moi especiais.
Dc10-2.- Tende a escurrir nas capas grosas e fai os rios típicos das
cinzas.
Dc10-3.- Verdoso con tendencia ó escurrido nas capas grosas.
Dc10-4.- Transparente satinado cun velo azulado nas capas moi
grosas.Interesante.
Dc10-5.- Transparente brillante con moi bó aspecto e de tacto
agradable.Bó barniz.
Dc10-6.- Transparente satinado moi parecido ó anterior.
Dc10-7.- Barniz plegado,moi plegado.
Voltar arriba