Método de traballo Estudio por especies Outras probas Diagramas Conclusións Capítulo final Táboas

Introducción

  A cinza é un material usado desde a antiguedade, principalmente polos oleiros orientais,que a incorporaron ós seus barnices como un fundente máis.Suponse que chegaron a ésta conclusión despois de observar o efecto que causaban as cinzas arrastradas ó interior da cámara nas coccións con leña en alta temperatura; unha conclusión lóxica despois de ver como queda de “esmaltada” a cámara de cooción ou as pezas máis cercanas ó fogar.En Europa,sin embargo,non hai datos sobre ó seu uso ata o século XIX en Francia da man do ceramista Jen Carriés que investiga o comportamento das cinzas e desenrola o que él chamou barnices á cera,polo seu carácter sedoso.Pero non é ata mediados do século XX cando se populariza o seu uso a partir dos traballos de Katharine Pleydell-Bouverie e,principalmente,Bernard Leach no seu libro A Potter's Book.
Na actualidade o uso das cinzas sigue sendo minoritario e por suposto,dado o variable da sua composición,sigue reservado ó ceramista independiente o de estudio.
No caso de Galicia,e no resto do Estado,o seu uso é esporádico dándose incluso a paradoxa de que as cinzas chegan,as veces,a supoñer un problema;unha boa parte dos talleres teñen nas estufas de leña o principal sistema de calefacción,cada inverno acumulánse cinzas que en moitos casos acaban como abono ou basura.
Hai aquí un pouco de mala prensa no sentido de que as veces se asocian os barnices de cinzas con un certo talante de alquimista,cando en realidad non é asi.Todo o mundo dos barnices cerámicos ten algo de alquimia e sempre se parte da base de que ningún dos materiales que usamos se axusta a fórmula ideal;non é raro o feito de ter que modificar (reaxustar) a composición dun barniz despois de recibir unha nova partida de algunha materia prima.
A bibliografía existente (non moi abundante) tampouco axuda a clarificar as cousas;si ben queda claro a sua viavilidade e que os seus efectos característicos son casi imposibles de conseguir con outros materiais; tamén fan hincapé na diferente composición dentro dunha misma especie según o terreo,época de corte,tronco ou follas etc (tanta incógnita e variavilidade asusta un pouco,a verdade).Pero esto é un problema cando traballamos con pequenas partidas de cinzas e ,si cadra,temos que retocar o barniz a miudo.
De todo-los xeitos hai que ter en conta que as cinzas forman parte do barniz nunha proporción entre ½ e un 1/3 e moi habitualmente no pasa 15 ó 20% polo tanto as variacións na composición das cinzas afectan,pero relativamente.
A maior dificultade para traballar con cinzas é dispor de partidas o suficientemente grandes.A cantidad de leña que hai que queimar é considerable (algun autor fala de entre 0,5 - 1 m3 mínimo);naturalmente,hai especies das que é casi imposible dispor de cinza suficiente.Ademais,a relación entre a leña que queimamos e a cinza que obtemos é variable según a especie;por regla xeral as especies leñosas deixan moita menos cinza que as especies tipo palla e toxo,a igual peso a diferencia é considerable.Das especies aqui probadas,a que mais cinza proporciona é a fieita e o toxo;sendo éste último mais agradecido (salvo na recollida, que pode resultar incluso dolorosa) xa que a sua cinza é mais pesada.
Reunir kilos de cinza require tempo salvo que teñamos acceso a algún forno de leña (hai veces que lle fas un favor si as levas),na maior parte dos casos as cinzas saen das estufas dos propios talleres,un inverno da para moito;nestes casos,non usala é un desperdicio.
As cinzas pódense considerar unha frita natural con un punto de fusión entre 1200 e 1300ºC,e un pouco mais nalgunhas especies.
Na sua composición atopamos minerais de uso cotián en calquera barniz:calcio,alumina,silice,magnesio ...etc, e incluso algunhas cinzas xa dan elas soas barnices a 1250ºC.As diferencias entre elas son moi apreciables na composición pero só si a porcentaxe de cinza é relevante veremos grandes diferencias no barniz;teño usado durante anos un barniz no que a cinza non sempre era da misma partida, nin siquera do mesmo tipo de leña e,ainda que as veces había diferencias,nunca tiven que modificar a composición.A porcentaxe de cinza dese barniz era do 10%;algúns efectos nunca mais volveron aparecer pero ese mismo problema tiven con partidas de ox. de ferro mercadas en distribuidores do ramo,e hay fornadas donde aparecen efectos imprevistos e de dificil repetición, polo tanto ás variacións xa estamos acostumbrados.En derradeiro caso casi sempre se proba antes de usar ó grande.

Voltar arriba