Conclusións
E asi indefinidamente. A lista de posibles probas
e casi infinita; o proceso habitual é seguir probando variacións a partir dos
mellores resultados nos diagramas pero non é o propósito deste traballo abarcar
tanto. Trátase dun punto de partida, unha introducción na que poidamos
establecer certas conclusións.
A primeira conclusión é sobre a idoneidad do uso das cinzas. Moitos ceramistas
pregúntanse si de verdad merece a pena o traballo de preparación e obtención das
cinzas, dito de outro xeito, si o resultado xustifica o traballo. No toda-las
cinzas dan o mesmo traballo e algunhas especies a cantidade de cinza que obtemos
é moi baixa en relación o volumen queimado. Un exemplo claro é o castiñeiro; a
porcentaxe de cinza é moi baixa e os resultados son máis ben “normais”, queimar
esta madeira só para obter cinza é un pouco desproporcionado e nestes casos creo
que o mellor é dispor dunha fonte allea : fornos de leña, parrilladas, etc. En
xeral toda-las especies leñosas teñen o problema da baixa proporción de cinza e
non creo que en ningún caso os resultados xustifiquen a queima específica dun
tipo de leña só polas súas cinzas, non están os bosques para moitos excesos. Si non temos unha fonte allea, a estufa ou
cociña de leña da casa ou taller será o recurso máis común, estas cinzas diron
nas probas resultados tan interesantes como calquera outro tipo e nalgúns casos
casos mellor. Esta fonte é incluso un problema xa que a cinza que xenera a
estufa dun taller no inverno acabanos saturando.
Outra cousa ben diferente son as cinzas de especies non leñosas; nestes casos é
moi raro unha fonte allea e casi sempre teremos que queimar a posta. O material
de desbrozado pode ser unha solución. Nas probas realizadas resultan moito máis
interesantes as cinzas destas especies que das leñosas, un bó exemplo é o toxo,
ten un aproveitamento moi alto pero si queremos as súas cinzas teremos que ser
nos quen fagamos todo o proceso (apañar, queimar, limpar,etc). Agora ben,
as cinzas non son a panacea senón que é un material máis; cas súas ventaxas e as
súas limitacións e características.
Unha das razóns dalgúns ceramistas para rexeitar o uso das cinzas e o
descoñecemento da súa composición e a variabilidade desta; xa dixen ó principio
deste traballo que dado as porcentxes nas que se usa, o grao de afectación é moi
baixo, nada grave (coñezo ceramistas que tiveron máis problemas con fritas
comerciais) e tamén hai que decir que moi poucos ceramistas se toman o traballo
de formular os barnices e que en definitiva son as probas e a balanza as que
marcan o rumbo. Eu mesmo só formulo a posteriori aqueles barnices que me
interesan, e máis por curiosidade científica que por efectos prácticos.
Falando de formulación, debo decir que no apartado das táboas cada vez que
aparece a fórmula de Seger as cifras veñen expresadas en moles e en porcentaxes,
esto é porque creo que é máis "lexible" un barniz si sabemos a porcentaxe de
cada compoñente en vez dos moles. Pode parecer un atrevemento cuestionar un dos
pilares do coñecemento científico da cerámica pero teño comprobado que un barniz
pode ser moi diferente de outro tendo igual número de moles dun mismo material
xa que no seu cálculo a base de todo o barniz esta en función de igualar a un o
grupo básico e non en función da composición xeral do barniz. Por exemplo un
barniz que teña 0,7 de K2O e 3,4 de SiO2 é moi diferente doutro que teña 0,7 de
K2O e 1,8 de SiO2 a pesar de que os moles de K2O sexan iguais. Expresando os
valores en porcentaxes esto non pasa xa que daría en cada caso a presencia dun
material en relación ó conxunto do barniz; un caso práctico é a composición das
bases K2 e K3 (mirar nas táboas), na base K2 o valor molecular de Al2O3 é de
0,279 (8,318%) e sin embargo na K3 para un valor molecular maior (0,351) o valor
porcentual é menor (7,649%).