Para este capítulo usarei cinco tipos de cinzas descoñecendo, como é habitual, a súa composición. Usarei unhas abreviaturas para referirme a elas. Estas son as cinzas usadas:
- cinza de marabú , mesturada con algo de cinza de sarmiento (CM).- Descoñecida para min. Conseguida nun restaurante asador da zoa
- cinza de desbroce (CD) , mais de podas que de desbroce, polas miudas de diferentes especies, carballo e ameneiro na súa maior parte
- cinza de desbroce (CDO), silvas, toxos, codesos, herba e monte baixo
- cinza do forno (CF), cinza do forno de leña de raku, alimentado con polas de eucalipto, carballo e ameneiro. Un detalle a ter en conta é que a parrilla é de ferro
- cinza común (CC), é a cinza da estufa de leña do taller, estufa de ferro
Na primeira proba usaremos catro bases diferentes en cada tipo de cinza para poder asi ver a influencia e variacións de cada cinza nunha mesma base. As diferentes bases son:
C1 |
C2 |
C3 |
C4 |
feldespato 32 |
feldespato 50 |
feldespato 10 |
sienita 44 |
carb. calcio 8 |
carb. calcio 18 |
silice 10 |
dolomita 12 |
dolomita 16 |
caolín 10 |
ulexita 5 |
caolín 16 |
carb. bario 9 |
talco 5 |
cinza 10 |
cinza 28 |
caolín 4 |
cinza 17 |
||
silice 23 |
|||
rutilo 8 |
|||
espodumeno 12 |
|||
zirconio 12 |
|||
cinza 20 |
Analicemos os resultados: (Irá o núm. da base empregada seguido da abreviatura do tipo de cinza, asi C1-CC é a base C1 usando a cinza común na súa composición. E asi sucesivamente)
Vemos que cada proba está repetida, a da parte de arriba vai situada na parte máis quente do forno e de abaixo naparte máis fria
C1-CC.- Barniz ben fundido, nos pisos altos (máis quentes) queda máis brillante, en capa grosa vólvese máis semiopaco. Nótaselle as pintas ca cinza
C1-CD .- Moi similar ao anterior pero sin as pintas. Mellor en pisos quentes
C1-CDO.- Ben fundido. É máis opaco que as anteriores probas. No piso máis quente queda un branco azulado moi atractivo
C1-CF.- Máis fluido nos pisos quentes. Nótaselle moito a presencia de ferro, tanto no moteado como na cor xeral
C1-CM.- Transparente. En capa moi grosa e o piso quente da un espuma de mar rosa pálido
C2-CC.- Nos pisos frios da un mate moteado que se fai máis fluido a medida que aumenta a temperatura. Punteado de cinzas moi visible
C2-CD.- Ben funsiso, mate na zona fria e máis satinado na quente. Transparente
C2-CDO.- Transparente máis mate nos pisos frios
C2-CF.- Moi moteado, fluido nas zonas quentes. É ao que máis se lle nota o moteado das cinzas
C2-CM.- Barniz mate, tende a opacificar
C3-CC.- Branco opaco cun claro punteado. Ten un amplo marxen (intervalo)de fusión xa que queda moi similar nas zonas quentes e as frias.
C3-CD.- Branco opaco satinado
C3-CDO.- Moi similar ó anterior, branco opaco satinado
C3-CF.- Branco crema satinado opaco cun claro punteado
C3-CM.- Branco vello opaco satinado, moi atractivo
C4-CC.- Pardo claro con moteado .satinado na zona fria e algo máis brillante na zona quente
C4-CD.- Transparente brillante
C4-CDO.- Pardo transparente que nas beiras da un efecto tostado como un shino
C4-CF.- Pardo moteado satinado na zona fria e brillante na zona quente cun claro efecto de moteado das cinzas
C4-CM.- Transparente satinado.
Despois destas probas é donde entran os nosos gustos personais, o meu neste caso. Escollin seguir probando ca base C3 cas cinzas CM e CF. Nunhas primeiras probas decidin probar estas bases, cas súas cinzas, e engadir óxidos colorantes; cobalto, ferro e cobre do seguinte xeito:
Base C3-CF | Base C3-CM | C3-CF-Co = Base C3-CF+1% óx.cobalto | C3-CM-Co = Base C3-CM + 1% óx.cobalto |
Feldespato 10 | Feldespato 10 | C3-CF-Fe = Base C3-CF + 7% óx.ferro | C3-CM- Fe = Base C3-CM + 7% óx.ferro |
Sílice 10 | Sílice 10 | C3-CF-Cu = Base C3-CF + 2% óx.cobre | C3-CM-Cu = Base C3-CM + 2% óx.cobre |
Ulexita 5 | Ulexita 5 | ||
CF 10 | CM 10 |
Resultados:
C3-CM-Co.- Tono pesado de azul, en capas grosas crea unha espuma blanquecina C3-CM-Fe.- Pardo verdoso C3-CM-Cu.- Turquesa, entre verde e azul. Interesante. |
C3-CF-Co.- Tono de azul moi pesado, nótaselle o moteado C3-CF-Fe.- Pardo moteado C3-CF-Cu.- Verde medio cun intenso moteado. Intersante |
Despois destes primeiros resultados a mellor forma de saber o percorrido na coloración dun esmalte é facer dous diagrama de cor. A base (B) do primeiro será a composición do esmalte C3-CM no que iremos engadindo óx.colorantes do seguinte xeito:
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
B+ 0,5% óx.cobalto |
B+ 1% óx.cobre |
B+ 1% óx.niquel |
B+ 2% dióx.manganeso |
B+ 4% óx. ferro |
B+ 12% óx. ferro |
---|---|---|---|---|---|
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
|
1 + 2 |
1 + 3 |
1 + 4 |
1 + 5 |
1 + 6 |
|
12 |
13 |
14 |
15 |
||
2 + 3 |
2 + 4 |
2 + 5 |
2 + 6 |
||
16 |
17 |
18 |
|||
3 + 4 |
3 + 5 |
3 + 6 |
|||
19 |
20 |
||||
4 + 5 |
4 + 6 |
||||
21 |
|||||
5 + 6 |
Resultados: ( a placa da dereita é a do piso máis quente )
A base (B) do segundo diagrama será a composición do esmalte C3-CM, quedando asi:
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
B+0,5% óx.cobalto |
B+ 1% carb,cobre |
B + 1% óx.niquel |
B + 4% carb.cobre |
B + 4% óx.ferro |
B + 12%óx.ferro |
---|---|---|---|---|---|
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
|
1 + 2 |
1 + 3 |
1 + 4 |
1 + 5 |
1 +6 |
|
12 |
13 |
14 |
15 |
||
2 + 3 |
2 + 4 |
2 + 5 |
2 + 6 |
||
16 |
17 |
18 |
|||
3 + 4 |
3 + 5 |
3 + 6 |
|||
19 |
20 |
||||
4 + 5 |
4 + 6 |
||||
21 |
|||||
5 + 6 |
Resultados:
Estes diagramas danos moita información e abre moitas vias para seguir probando. Este formato de diagrama resulta útil non so si o facemos engadindo óxidos colorantes para obter unha ampla paleta de cor, se non que tamén se pode facer engadindo outro tipo de materiais para modificar esa base. Materiais fundentes, refractarios, opacificantes, etc. Todo dependerá do que busquemos. As posibilidades de combinación son casi ilimitadas, desde logo moitas máis do que pretendo abarcar con este estudo