Método de traballo
Antes de poder usar as cinzas é preciso preparalas
axeitadamente.En primeiro lugar necesitamos un bó sitio para queimar,ó abrigo do
vento,e dun material que no contamine as cinzas,as estufas tradicionais son de
ferro e co tempo tenden a "manchar" o residuo.Para este traballo usei para
queimar un caixón de chapa de aceiro inoxidable de 60 x 60 por un alto de 50 cm.
como o da fotografia.
Algo a ter en conta cando facemos lume con especies como a palla,fento,etc e que
arden cunha forza que a propia combustión
arrastra unha parte das cinzas hacia arriba,polo que hai que ir pouco a pouco.A
palla e o toxo son un auténtico polvorin.Unha vez queimado recollemos con
cuidado e o botamos en abundante auga;as partes sin queimar flotan e as podemos
recoller cun colador.Ó cabo dunhas horas as cinzas sedimentan e podemos quitar a
agua sobrante,de éste xeito eliminamos as álcalis solubles,como se ve no
seguinte debuxo.
Eu repito o proceso unha vez mais pero non está
claro cantas veces hai que lavalas, (incluso hai ceramistas que as usan sin
lavar),na última lavada penéiranse por unha malla 80.
Secar grandes cantidades de cinzas pode supoñer un problema que o podemos
solucionar usando sacos de tela de diferentes tamaños nos que verteremos a
papilla de cinza despois de eliminar a maior cantidade de auga posible na
derradeira lavada , etiquetamos o saco e o colgamos nun sitio ventilado ou cerca
do forno;é un sistema algo lento (e mais no inverno galego) pero moi práctico
para secar kilos,si non se ten presa.
Un problema,relativo,cando se traballa coas cinzas e que descoñecemosa súa
composición;para relizar éste traballo as mostras de cinzas anlizáronse noInstituto Cerámico de Galicia.Coñecer a súa composición non é algo extríctamente
necesario,e ainda que nos pode axudar a entender os resultados,a maior parte dos
ceramistas desenrolan os seus barnices de cinzas dun xeito empírico sin saber a
composición.Polo tanto son as probas as que determinarán o uso.
Unha primeira proba consiste na cocción da cinza , deste xeito poderémonos facer
unha idea do seu punto de fusión;a partir de aquí usáronse unhas mezclas ou
unhas bases constantes nas que só cambia a especie de cinza e poder,asi,ver o
diferente comportamento según o tipo.A composición destas bases non é unha regla
fixa e cada un as pode facer según a súa experiencia ,si xa temos traballado con
cinzas resulta útil usar como base algún barniz que coñezamos ben,eso
permitiránnos "leer" mellor os resultados.As bases usadas son as seguintes.
K1 |
K2 |
K3 | ||
Feldespato 40 | Feldespato 35 | Feldespato 38 | ||
Arcilla de Laracha 20 | Wollastonita 35 | Creta 14 | ||
Cinza 40 | Caolin 10 | Caolin 7 | ||
Cinza 20 | Rutilo 5 | |||
Carb. Bario 6 | ||||
Frita CQ3 30 | ||||
Silice 10 | ||||
Cinza 20 |
A K1 é unha adaptación da receita que cita Leach no
seu libro,textualmente:
-1 parte de feldespato
-1 de cinza
-½ de arcilla de Pike
Substituida aquí por arcilla de Laracha.Ésta é unha arcilla plástica de alta
temperatura cun 3-4% de óxido de ferro;comercianízana en po impalpable,o que
facilita ó seu uso.
A base K3 é un barniz dos que uso habitualmente, como dixen antes,eso axuda.
A organización do ficheiro é algo bastante persoal e cada ceramista vai
fabricando o seu propio método de clasificación,numeración ,etc.As probas
básicas realizadas neste traballo organiceinas según o tipo de cinza,numerando
cada especie;asi a K1-1 é a base K1 con cinza de piñeiro,e o mesmo para a K2 e
K3.Tanto na K2 como na K3 se fixeron probas introducindo outros materiais:
K2-?a | K2-?b | K2-?c |
K2-?d |
+6,5% rutilo | +10% talco | +10% carb.bario | +8% rutilo |
+2% óx.ferro |
K3-?a | K3-?b | K3-?c | K3-?d | K3-?e |
+6,5% óx.ferro | +1,5% óx.niquel | +0,7 óx.cobalto | +2% carb.cobre | +1,5% óx.ferro |
Nas interrogacións irían os números que lle corresponda según o tipo de cinza.
A temperatura de cocción das probas foi de 1250- 1260º C aprox, nun forno de
gas-oil.