Esta é a páxina do taller de cerámica Unzueta, taller creado entre os anos 1980-1981. Enfocado dende os seus inicios á elaboración de cerámica utilitaria , esa cerámica que podemos utilizar todos os días e que ademais de cumplir esa función pode, perfectamente, ter unha función estética.
Esta páxina está pensada en dúas direccións, por un lado mostrar nun catálogo o traballo e producción do taller e por outro diversas seccións máis pensadas para ceramistas, cuestións técnicas propias do oficio |
|