Fornos
de Raku.-
Os fornos de Raku merecen
un capítulo aparte. As propias característcas do tipo
de fornada fan que estes fornos sexan algo diferentes. Mentras que nun
forno convencional é importante o aillamento e un reparto uniforme
do calor nestes fornos non é un tema prioritario, por exemplo.
En primeiro lugar tenden a ser fornos mais ben pequenos e na maioria
dos casos móbiles (cando non desmontabeis); as fornadas son ultrarápidas,
asi que o aillamento será o básico a non ser que fagamos
de cotio moitas sesións de carga e descarga. O feito de ter que
meter e sacar pezas dun forno quente cunhas pinzas determina que a porta
ten que ser cómoda, ampla e de fácil apertura sobor de
todo si traballamos en solitario, un forno aberto a 1000º irradia
unha calor considerabel e si o acceso é incómodo teremos
a sensación de estar tostándonos a lume lento descarga
tras descarga.
Que tipo de pezas imos cocer habitualmente é algo a ter en conta
á hora de calcular as dimensións e características
do forno xa que estibar as pezas como nunha fornada normal, con pivotes
e placas resulta incómodo. Si precisamos estibar en pisos é
recomendabel que a porta sexa frontal en vez de superior.
Un dos fornos de Raku mais utilizados é o do bidón. A
súa construcción é ben sinxela. Precisaremos dun
bidón metálico de 200 litros, atópanse (polo menos
aqui) nas gasolineiras, non ten porqué estar impecabel senón
que sairá mellor de prezo si xa está picado. Hai que facer
un primeiro corte transversal a uns 12 cm. co que faremos a tapa; despois
deberemos decidir o alto que queremos o forno e facer outro corte transversal
para eliminar o sobrante. Para cortalo podemos usar unha serra de calar
con folla de cortar metal ou unha rebarbadora con disco de corte de
metal, sin esquecer repasar ca rebarbadora para evitar cortar as mans
cas rebabas ó manipulalo. Cando construín este forno púsenlle
10 cm. de fibra de aillamento e chega perfectamente. A fibra vai cortada
en tiras e simplemente apretada, só a porta necesita de cuplós
(3). Este é un plano aproximado deste forno :
As pezas de arxila refractária
están feitas ó torno resultan moi prácticas, sobre
todo a que fai de chimenea, a solapa sirve para amarrar a fibra. Nesta
peza faremos varios furados a diferentes alturas e repartidos a 120º
ou a 90º (si queremos tres ou catro apoios) como se amosa no dibuxo,
a súa misión non é outra que a de anclar esta peza
no bidón cunhas puntas (si,si, unhas puntas; a pesar do que poida
parecer) metidos de dentro hacia fora de xeito que fagan tope na carcasa
metálica. É interesante que esta peza que fai de chimenea
sexa, na súa parte mas estreita, algo menor de 10 cm. para ter
a posibilidade de lle acoplar un tubo metálico e poder asi aumentar
o tiro cando o precisemos.
Nestes fornos chega cun só queimador, como a rapidez é
importante non escatimaremos en potencia, sin exaxerar; eu usaba un
queimador tipo soplete do que se emprega para "chamuscar"
o porco, veñen completamente montados con regulador de potencia
e resultan bastante eficientes. A altura da cámara de combustión
é a equivalente a un ladrillo refractário de canto (11,5
cm.), si vemos que non é abondo podemos aumentar esta altura
cuns tacos ou anacos dalgunha placa vella, en calquera caso con 15 cm.
debe chegar; usaremos dous ladrillos, un enteiro colocado enfrente do
queimador (non diante senón enfrente) e dúas metades colocadas
a ambos lados de xeito que formen un triángulo equilátero.
Outro forno moi usado é o que aparece nos planos de abaixo, é
de leña pódese construir con ladrillos simplemente asentados
con arxila basta
Ó ter a porta frontal estar
esta a media altura resulta moi cómodo, e si as pezas están
en dous pisos poderemos sacar as piezas sin necesidade de desmontar
pivotes e placas (como si sucede no do bidón ou nos de carga
superior). Teño visto este tipo de forno contruido con fibra
adosada a planchas metálicas para construir o que é a
cámara e la chimenea. O fogar sempre convén facelo con
ladrillo ou bloque refractário
Outro tipo de forno de Raku que resulta moi interesante é o forno
elevable como o que se ve no seguinte debuxo:
|
|
|
Nestes fornos hai dúas variantes;
nunha delas o queimador esta permanentemente apoiado na soleira (como
no do debuxo), na outra o queimador está suxeito á estructura
e sube ca cámara. Eu, persoalmente, prefiro a segunda opción
xa que perde menos calor no proceso de carga e descarga. A estructura
é metálica forrada con fibra suxeita con cuplós,
a chimenea podémola facer como a do forno de bidón.
Actualmente, cando falamos de Raku estamos a falar de pezas que unha
vez sacadas do forno metémolas en serrin ou cousas parecidas,
provocar fume e iniciar asi un proceso de reducción no enfriamento.
O ideal é que mentras estamos enredados neste proceso vaia outra
fornada en curso. É un momento da fornada no que o tempo apremia
asi que resulta imposible poñernos a cargar detenidamente mentras
outra serie de pezas espera polo serrín; ou unha cousa ou a outra.
A non ser que estemos falando de cargas dunha soa peza. Por outra banda,(e
sin conexión aparente) coñezo a ceramistas que levan moitos
anos cocendo Raku e ós /ás que tanto traballo cas pinzas
lles empeza a pasar factura. Unindo estes dous conceptos, o da rapidez
e a posibilidade de prescindir das pinzas deseñei un forno que
combinara as ventaxas do forno elevable as do forno de vagoneta. O boceto
é o seguinte:
|
|
|
As vagonetas van unidas de xeito
que cando "sacamos" unha arrastramos a outra, previamente
cargada; necesitaremos algún tipo de referencia para saber cando
está a vagoneta en posición podamos baixar a camára.
Para evitar as pinzas podemos usar o sencillo sistema de facer o proceso
do serrín na propia vagoneta, necesitamos un recipiente metálico
con tapa, o diámetro dependerá do diámetro del
horno, e o que abarque a carga.
Unha última cosa. En ningún destes bocetos, planos ou
dibuxos hai unha indicación de dónde vai o pirómetro
e é por algo. No primeiro forno de Raku que construín
púsenlle (un mundo de precavido eu) un pirómetro. Que
pouquiño durou aquela cana. Non resulta práctico e deberémonos
acostumbrar a interpretar as tonalidades do forno.
Voltar arriba