Deseno de fornos

Introducción

Combustibles e materiais

Principios de deseno

Construcción paso a paso

Fornos de Raku

Planos

 

Planos.- É raro o libro de cerámica, por moi básico que sexa, que no incluia planos de fornos, queimadores,etc asi que creo que non é cuestión de aburrrir cunha serie interminable de planos repetitivos, pero si expoñer aqueles que ó meu xuicio teñen certo interese.
Queimador de gas-oil.-
Jet burner.- Foi desenrolado polo neozelandes Roy Cowan en 1950, ni mais ni menos. A única referencia que atopei sobre él aparece no libro A New Zealand Potter's Dictionary de Barry Brickell. Trátase dun queimador de construcción doada e moi eficiente. Eu usoó desde 1992 e para min foí un descubrimento e un alivio, todo hai que decilo. O descubrimento foi non só que algo tan sinxelo funcionara perfectamente senón o método de cocción que este queimador implica. A primeira parte da cocción o queimador está en vertical e lanza o lume contra o paralumes como calquera queimador convencional ( é necesario o uso dun tubo metálico na portilla do queimador para que o gas-oil arda e aínda asi vai mellor si o principio axudámonos cun queimador tipo soplete de gas, o que se usa para chamuscar o porco resulta ideal), cando o forno está a uns 700º poñemos o queimador en horizontal e introducimolo no forno, de xeito que o gas-oil entre directamente na cámara de cocción. Neste punto o pirómetro parece tolear e é que a temperatura sube dun xeito espectacular e vertixinoso. O primeiro forno que tiven (comprado, para mais inri) funcionaba fatal e desde aquela cando vexo que o forno sube disparado reconfortame. Este é o plano desta xoia:

O diámetro do tubo principal é duns 50 mm. e la tuberia do gas-oil é de 1 cm. a lonxitude dependerá do grosor da parede do forno. A abertura do tubo do gas-oil é de 1-1,5 mm. e deberá estar situada debaixo xusto da abertura do tubo principal a uns 2 mm. dela. Unha vez colocado na súa posición conven soldar ambos tubos. Nestas fotos aprecianse mellor os detalles

A regulación do aire efectúase mediante unha sencilla chave que no é outra cousa que un disco de latón ( o calquera outro metal ) que fai de chave de paso. A entrada de gas-oil regúlase cunha chave de paso standard.
O depósito de gas-oil deberá estar situado dous ou tres metros por riba da situación dos queimadores, a dferencia dos queimadores de calefacción aqui o combustible non é empurrado por un motor senón que é pola acción da gravidade. Para o aire precisamos unha turbina de baixa presión, moven moito caudal de aire pero sin presión, hai mercado de segunda man. A que emprego atopeina nunha chatarrería e viña do desguace dun barco, ó parecer úsanas para mover o aire nas adegas, é moi vella pero funciona ás mil marabillas. (Voltar arriba)

Queimador frontal de gas-oil.- Baseado no mesmo principio que o jet burner, é decir, no principio dos queimadores de baixa presión. É un deseño persoal e penseino para combinalo co jet, mais que nada para evitar andar modificando a posición do jet (como expliqué anteriormente). Está pensado para colocalo na parte frontal do forno, de xeito que o lume discurra ao longo do espazo que queda entre o muro interior do forno e o paralumes.
Aqui podemos ver o croquis xeral e o despece:

O tubo do gas-oil (f) é de cobre ríxido e deberémolo reducir atá un diámetro de algo mais de 1mm. Para reducilo teremos que recocelo primeiro (quentalo ó roxo y deixalo enfriar lentamente) e despois golpealo suavemente cun martelo ó tempo que vamos xirando. É un método primitivo pero efectivo. No proceso de reducción teremos que repetir o proceso de recocido varias veces xa que ó golpealo vólvese a endurecer. A peza f ten a función de facer de guia xa que o tubo de gas-oil ten que estar centrado xusto detrás da saida do aire. Nesta serie de fotografias podemos apreciar mellor a montaxe:

(Voltar arriba)

Forno catenario.-

   

Este é o forno que teño na actualidade, ten unha capacidade aproximada de 520 litros. Leva dous queimadores frontais e dous laterais. A fornada empézoa cun dos frontais, co que subo atá os 600º, a partires de aiqui prendo o segundo frontal e aos 700º prendo os jet laterales. A medida que prendo cada jet apago o seu correspondente frontal. A construcción é con fibra e ladrillo roxo (do que se usa na construcción); cando dobla o cono de 1250º a pared exterior do forno está morna, de feito o que mais lle costa é enfriar. A combinación de fibra e este tipo de ladrillo resulta mais que interesante en hornos fixos, é mais barata que a estructura de ferro e aillante (a diferencia do ferro que é conductor do calor). (Voltar arriba)

Forno de papel.- Xa non se escoita falar dél pero fai un tempo tivo o seu lugar entre as novidades cerámicas. É un forno curioso e que pode dar o seu xogo; ten certa similitude ca chamada "pit firing" pero nunha versión aérea como podemos ver no seguinte debuxo:

   

A idea é a seguinte: sobre catro torres de ladrillos refractários colócase una parrilla metálica de 1m. x 1m. e sobre esta colocánse as pezas a cocer mixturadas con leña, carbón, serrín, sulfato de cobre etc. A capa exterior é de papel empapado en barbotina, esta capa ten que ter certa consistencia; na parte superior debemos deixar unha abertura que faga as veces de chimenea. Facemos lume debaixo desta estructura e cada pouco tempo retiramos un ladrillo de cada torre baixando asi a estructura atá situala directamente en riba do lume, daquelas xa estará ardiendo a leña colocada entre as pezas. Cando está frio este forno aseméllase bastante a unha mazán asada, para ver as pezas só teremos que romper a "cáscara" de papel e barbotina. Este tipo de fornos non alcanzan grandes temperaturas pero soen dar efectos únicos. (Voltar arriba)


Forno de gas 800 l. - Este forno foi o primeiro que construín baseandome nas normas do deseño de fornos explicadas no outro capítulo e non só polo meu instinto. Teño que recoñecer que non as tíña todas conmigo e a primeira fornada tiven permenentemente un nó no estómago atá que doblou o cono, despois a inquietude deixou paso a unha ledicia e un alivio fáciles de imaxinar. A construcción fíxena combinando distintos materiais: os muros con ladrillo refractário forrados no seu interior con fibra, a bóveda con formigón refractário forrada no seu interior con fibra, os pivotes que soportan a carga do forno na cámara de combustión son ladrillos de bauxita ( pasaron mais de vinte anos e aínda conservo os ladrillos en perfecto estado, de feito están soportando a cámara e no canal de evacuación do forno actual). Este é o plano, si queres ver ampliado fai clic no debuxo correspondente:

Alzado frente
Base cámara
Cámara de combustión
Perfil

No deseño orixinal levaba un só queimador de gas-oil lateral, por iso un dos debuxos fai referencia á cámara de combustión. Era un queimador moi potente, pero atopeime co problema de como regulalo (como xa expliquei no capítulo de combustibeis) e aínda non coñecia os jet. Asi que tiven que cambiar o deseño e construilo con dous queimadores frontais a gas de 60,000 Kcal. cada un, aproximadamente. No pasillo de cada queimador coloquei unha especie de rampa de fibra apoiada sobre un ladrillo refractário para que o lume tivera tendencia a ir hacia arriba. A base da cámara está feita con formigón refractário de alta alúmina, esto é importante xa que non é igual que o formigón refractário normal, estaba dividida en cuatro placas. Para facelas hai que preparar un encofrado de madeira e fundir o formigón neles, si podemos contar cunha mangueira vibradora quedarános cada placa mais compactada. Este tipo de placas soportan moi ben a temperatura pero non tanto a carga asi que teñen que estar ben apoiadas non cargar pesos excesivos en zonas onde no haia apoios por baixo. Nunca me deu problemas pero sempre tendia a poñer os pivotes coicidindo cos ladrillos de bauxita dos apoios da base. Este forno funcionou moi ben aínda que para o meu gusto faltábanlle algunhas kilocalorias e de 1200º a 1280º costáballe un pouco pero como contrapartida igualaba tanto a temperatura que medindo do sitio mais quente ó mais frio só había un cono de diferencia, iso nun forno que ronda os 800 litros non está nada mal.(Voltar arriba)



Forno de leña.- É un deseño de Olsen
e chámao textualmente Fastfire Wood Downdraft Kiln. Aparte de ser un deseño de forno moi interesante plantexa tamén unha cuestión que ten o seu interese, que non é outra que a duración das fornadas. Está bastante extendida a idea de que as fornadas rápidas non son boas nin para a pasta nin para os esmaltes e tamén que as hornadas de leña son extremadamente longas. Olsen tira por terra ambas ideas, algo co que estou plenamente dacordo. Teño cocido en cinco horas e os resultados non diferían doutros de fornadas mais "normais"; o único que en fornos grandes pode haber mais problemas de uniformidade de temperatura si a fornada foi moi rápida e tamén que o cono doblará un pouco mais tarde, pero na obra en si non notaremos diferencias; falando sempre, claro está, de material bizcochado, si cocemos en monococcción a cousa cambia, aqui a velocidade será a que permitan as pezas. En canto a que unha fornada de leña sempre ten que ser moi longa non lle vexo eu o porqué, si o deseño do forno é bó, e o combustible é o axeitado, poderemos regular a subida engadindo mais ou menos leña. Con este forno Olsen da un diario de fornada e, resumindo, súbeo a 1285º en 4 horas e 45 minutos. Eso si que é rapidez. Istos son os planos:

Nos dos primeiros debuxos pódese ver o croquis dos fogares, un a cada lado do forno, son fogares amplos e cun único paso de lume cada un (pintados de oscuro). As referencias ó número de ladrillos na construcción da base están pensadas para ladrillo refractário standard : 6,5 x 11,5 x 23 cm. Os fogares van construidos con ladrillo refractário denso e mais aillante no forno propiamente dito aínda que respetando as medidas podemos levantar os muros da cámara co material que queramos. Nos dous debuxos inferiores pódese ver a planta e o alzado do forno. As placas que emprega para levantar os pisos son de 30,5 x 61 x 2,5 ;dúas por piso, o que nos da una suma de placas de 61 para un fondo de 80. Sacando as contas quere decir que as coloca separadas do fondo, porta e entre si a uns 6-7 cm.. Eu son mais partidario de colocar catro placas por piso de xeito que aparte das aberturas transversais quede tamén unha abertura lonxitudinal e non deixar tanto espazo entre as placas (placas de 34 x 31, por ejemplo). Toda a construcción leva unha estructura metálica de suxección, esta estructura será de ángulos de ferro nas esquinas unidos por tirantes; estructura que nos virá moi ben para soldar nela as bisagras da porta. A capacidade do forno é duns 700 l. aproximadamente.
As medidas e proporcións deste forno pódenos servir de base para outros modelos no caso de que non nos chiste o dos dous fogares. Estou pensando na miña circunstancia particular de ter que cocer eu só (algo que é moi común nol gremio), nestes casos moitos ceramistas prefiren un só fogar, que xa da traballo dabondo. Este forno é fácilmente modificabel a un só fogar central con pasos de lume a dereita e esquerda. Estou convencido que isto tamén se lle ocurriú a Olsen (además é lo primeiro que se lle ocurre a un) pero optou polos dous fogares laterais. Supoño que a diferencia entre un concepto e outro é que mentras co deseño de fogar único tense un certo control sobre e lume a dereita e esquerda, cos fogares laterais tense o control do lume diante ou atrás. E ten a súa importancia. Sempre da mais problemas de uniformidade de diante - atrás que de dereita - esquerda.

(Voltar arriba)

Forno de carbón.- Este forno aparece no libro de Olsen e trátase dun forno de Xapón, en concreto do forno da Kenji Kato pottery. É un forno duns sete metros cúbicos alimentado a carbón. O interesante deste deseño é a súa forma abovedada pero non con planta circular senón cuadrada. Ten dous fogares, un a cada lado, son fogares pensados para carbón pero que poden ser readaptados no deseño para cocer con leña. A adaptación sería, creo eu, baixar a altura do borralleiro e, en consecuencia, baixaría tamén a situación do fogar e aumentar un pouco o longo, asi como aumentar a boca de alimentación e reducir a boca do borralleiro. Incluso é factible usar fogares con saída de lume laterais (como no exemplo cuarto de fogares, en principios de deseño). Este é o plano:

Voltar arriba

Forno pequeno de leña.- Este é un forno pensado para fornadas de raku ainda que pode ser utilizado en fornadas "standard", o deseno é un clásico dos fornos deste tipo e no meu caso adaptéino aos materiais de que dispoñía. Na súa construcción empleáronse ladrillos aillantes "caseiros" na cara interior, fibra a modo de recheo e ladrillo roxo de obra no exterior; no fogar empleáronse bloques refractários e ladrillos refractários densos. O rendimiento deste forno é espectacular, alcanzando os 1000º nunha hora aproximadamente e cun consumo bastante reducido; ó estar pensado para cocciones de raku o deseno da porta é importante, despois de probar alguns desenos optei pola porta de corredeira xa que nesas coccións no sempre estou só e algunha vez fagoas con grupos máis ou menos acostumbrados ó raku, a cara interior dunha porta de forno ó roxo despide un calor considerable e hai que ter en conta a súa posición cuando estea aberta, a apertura clasica de libro pode resultar algo perigosa, a de corredeira garantízanos que a cara interior da porta nunca apuntará ó exterior. Aqui podes ver o plano deste forno e aqui un video da súa construcción paso a paso.

 

Voltar arriba