Deseno de fornos

Introducción

Combustibles e materiais

Principios de deseno

Construcción paso a paso

Fornos de Raku

Planos

 

PRINCIPIOS BÁSICOS DO DESEÑO DE FORNOS

Deixando aparte os fornos eléctricos, no deseño de fornos podemos diferenciar tres tipos según o seu tiro ou máis ben según a dirección que siguen os gases no interior da cámara: os de tiro ascendente, tiro cruzado e tiro descendente ou invertido.

En xeral teñen un mellor rendimeto os de tiro invertido e é que o fundamento desta idea é que o lume e os gases quentes estén na cámara o maior tempo posible. Cando falo de rendimento non falo somentes de fornos que funcionan mellor ou peor senón da relación entre a carga (nº de pezas-volumen) e o combustible consumido, outra ventaxa do tiro invertido e que reparte mellor o calor e tende a facer fornadas máis uniformes. Pola contra os de tiro ascendente teñen a ventaxa de ser máis sinxelos de construir e ca práctica e unha boa relación entre o aire secundario e a chimenea podemos conquerir un forno relativamente uniforme. Pero antes de falar das ideas básicas do deseño imos ver a nomenclatura das diterentes partes do forno:

 Como se pode observar este un forno de leña para ver tamén os nomes do fogar, parrilla, etc; nun modelo de gas ou gas-oil en vez de fogar levaria o furado onde vai o queimador que se chama portilla do queimador. É convinte aclarar canto antes dúas cousas: non debemos confundir tiro e chimenea e hai que diferenciar entre o paralumes e o muro deflector. No primeiro caso, o tiro é unha corriente que ven determinada pola chimenea (fundamentalmente) e no segundo caso o muro deflector é unha continuación do paralumes e o podemos regular en altura co paso das fornadas ata dar ca altura ideal.
As reglas para desenar un forno están máis relacionadas ca experiencia e o sentido común que con sesudas fórmulas fisico-matemáticas e podémolas resumir do seguinte xeito:

  • As formas sinxelas tenden a dar mellores resultados que as formas complicadas. Polo xeral os fornos son cuadrados porque son máis fáciles de construir pero poden ser redondos sin problema sobretodo no caso de tiro ascendente. O punto de partida habitual soe ser un cubo, si pola razón que sexa debemos agrandar ese cubo é mellor facelo en horizontal e engadir máis queimadores que en vertical, conseguiremos unha mellor distribución do calor.

  • A poder ser, a circulación de gases seguirá liñas curvas e evitaremos os ángulos rectos. A canle de evacuación co comenzo da chimenea sempre fai un ángulo recto e isto é inevitable pero polo demáis non temos porqué. En términos xeráis debemos procurar que os gases circulen con liberdade e evitaremos estreiteces ou rutas complicadas.

  • Os fornos de tiro superior necesitan moi pouca chimenea, e según algúns autores incluso podemos prescindir dela xa que o propio forno fai de chimenea; eu creo que é mellor que leve chimenea e un rexistro para controlar o tiro, asi poderemos regular, e forzar no seu caso, a entrada de aire secundario. Nos fornos de tiro invertido a cousa é ben diferente e necesitaremos un bó tiro que forze ós gases a facer un circuito tan antinatural. Si seguimos mentalmente ese traxecto observaremos que os gases primeiro suben, despois baixan, percorren o forno horizontalmente hacia a canle de evacuación e despois suben pola chimenea, asi pois hai un tiro vertical (TV) e un tiro horizontal (TH). Para calcular o alto da chimenea (H) aplicaremos a fórmula:
                                          H= 3*TV+ TH/3
    Neste exemplo podemos ver como é o cálculo da altura. En fornos de leña é convinte aumentar ese alto, algúns autores falan dun 30% máis. A sección da chimenea tamén é importante, Leach no seu libro da unhas indicacións para o seu cálculo que a min parecenme esaxeradas xa que fala de entre un cuarto e un quinto da sección da cámara do forno, isto quere decir que para o forno do exemplo, cunha sección de cámara de 10000 cm2 ( 100 x 100 cm) necesitamos unha sección de chimenea de 2000 cm2 como mínimo o cal ven sendo de 40 x 50cm, vaia tela. Habitualmente fanse de 23 x 23 cm que é o longo dos ladrillos, esta sección chega para fornos de atá 1m3 aproximadamente, para fornos máis grandes, Rhodes da a fórmula de 0,5 cm2  de sección de chimenea por cada dm3 (1litro) de espazo na cámara do forno. Para fornos de leña conven aumentar nun 50%. Eu son partidario de que non falte tiro, xa que é algo que despois poderemos regular co rexistro. Por último, as chimeneas ahusadas incrementan o tiro, pero son un rollo construilas.

O número e potencia dos queimadores ven determinado pola capacidade do forno. En xeral convén repartir a potencia en varios queimadores, sempre queimará máis uniforme que toda a potencia concentrada nun único queimador. É moi usual ver fornos de menos de 500 litros (medio metro cúbico) con catro queimadores; si usamos gas-oil con dous chega xa que resultan tan potentes que con catro iría como un foguete (incluso corremos o risco de que non vaia ben por pura saturación de lume). Un queimador de gas necesita uns 8 dm3 de espazo diante dél para que arda sin problemas, sin embargo con gas-oil é preferible situar o queimador frontalmente, de xeito que o lume corre o longo entre o muro da cámara e o paralumes, sendo este hoco de entre 10-15 cm. Para calcular a potencia usaremos unha fórmula que da Olsen no seu libro, no orixinal di:
        Fornos de fibra: 10000 BTU por cada pé cúbico/hora
        Fornos de ladrillo denso: 16000-19000 BTU por cada pé cúbico/hora
Traducindo, cada BTU son 0,252 Kcal e cada pé cúbico son 28,32 litros, iso quere decir que para un forno de fibra necesitaremos arredor de 89 Kcal por litro, 89000 Kcal por metro cúbico. Sin embargo Rhodes da o dato de que necesitaremos 270000 calorías por cada metro cúbico, algo falla evidentemente. Eu inclínome máis polo primeiro cálculo. En calquera caso sempre tiraremos hacia arriba no cálculo de potencia, é preferible ter marxen de sobra que non quedarse escasos, a cifra resultante da potencia dividiremos entre o número de queimadores.
Outro xeito de calcular a potencia necesaria é a proposta polo ceramista arxentino Horacio Zili para fornos de gas e construcción con fibra:
1º Calcular a área total das paredes interiores do forno (piso,paredes e teito) en decímetros cuadrados.
2º Multiplicar esta área por 172 para 1300º ou por 138 para 1100º e teremos as kcal. necesarias.
E xa para rematar de liala hai unha páxina onde temos unhas táboas para cálculo de potencia ( Cálculo Kcal ) , ó se tratar dunha páxina en inglés veñen as medidas en BTU pés cúbicos asi que aplicaremos a conversión descrita mais arriba.
Para fornos de leña non hai cálculos que facer en canto a potencia, é unha cuestión de ter leña en abundancia e perfectamente seca, pero sí deberemos de pensar moi ben o tipo e a ubicación do fogar.
Basicamente, os fogares van contruidos ó lado do forno ou debaixo dél. Durante séculos, en occidente, o fogar construíase debaixo da cámara e sin parrilla, isto implica que o aire que entra no fogar pasa por riba do lume antes de entrar na cámara e que o lume, ascuas e cinzas son todo unha mesma cousa ou, dito doutro xeito, comparten un mesmo espazo. O rendimento do forno mellora cando o aire pasa a través do lume e non cando pasa por riba dél. Asi pois no deseno do fogar deberemos incluir: o fogar propiamente dito, a parrilla e o cinzeiro.
As dimensións e características do fogar dependerá do tipo e capacidade do forno e do percorrido que queremos que faga o lume no interior da cámara; sin embargo por moi pequeno que sexa o forno o fogar sempre deberá ter unhas medidas mínimas. Un exemplo claro está nos fornos de leña para raku que moitas veces é mais grande o fogar que o espazo útil da cámara. Non hai unanimidade sobre esas medidas mínimas pero teremos que contar cuhna especie de caixón de 90 cm de longo por uns 60 cm de alto e uns 30-35 cm de ancho. A parrilla deberá ir como mínimo a 20 cm. de alto ou ben na metade.
Os pasos de lume que comunican ese fogar ca cámara deberán ser amplos,a suma da sección deses pasos debe ser algo maior (como mínimo) que a sección da canle de evacuación. Algúns fornos teñen máis de un fogar, iso reparte mellor o calor pero para atender a fornada un só teremos problemas; o tramo final dunha fornada de leña pode resultar agotador, si por riba temos que atender dous fogares pode haber momentos de certo agobio. Hai desenos de fornos de arco catenario a leña que levan os fogares a cada lado, eu nunca fun partidario dese deseno e menos para alcanzar altas temperaturas, a leña ten unha chama moi longa e si o forno non é moi grande podemos desperdiciar bastante enerxia, ademáis non hai espazo para moito fogar e dado que a boca de alimentación ten que ser algo reducida non podemos usar cómodamente unha das  mellores leñas para cocer: o toxo.
Aqui podemos ver tres modelos básicos de fogares (para ver ampliado pica en riba do debuxo):

O primeiro é o típico fogar tipo caixón moi usado en fornos de raku e tamén o emprega Olsen nun dos seus fornos (o podes ver na sección de planos de fornos), nese forno emprega dous destes fogares debaixo da cámara, o segundo debuxo é o fogar dun forno de cámaras o naborigama. Aqui o fogar vai no lateral da primeira cámara e ten forma semicircular e no terceiro vemos outro modelo para ir debaixo da cámara, neste modelo a cantidade de pasos de lume dependerá do tamaño da cámara pero deixaremos un mínimo de tres a cada lado. No primeiro e tercer fogar pode ser necesario colocar algúns ladrillos fechando algo a boca de alimentación do fogar e do cinzeiro e ir deixando mais espazo a medida que avanza a fornada. Hai a experiencia dirá o mellor que podemos facer.
Na parte baixa do fogar, no cinceiro, é convinte deixar  furados do perfil dun ladrillo cada un espaciados ó longo, no tramo final da fornada podemos necesitar máis aire secundario que axude a unha rápida combustión, si non necesitamos os tapamos. Isto o podemos ver no cuarto exemplo de fogar. O quinto fogar é dun forno de tiro cruzado tipo anagama, é dunhas dimensións considerables pero é que o forno ten unha cámara duns oito metros de longo. O derradeiro exemplo de fogar é dun interesante forno semicircular ou de cúpula de sete metros cúbicos con dous fogares como o descrito no debuxo. No orixinal é para coccións con carbón pero con poucas modificacións podemos cocer con leña. O plano completo o podes ver na sección de planos.
A parrilla a podemos facer de barras de ferro dun mínimo de 2 cm de diámetro e espaciadas uns 4-7 cm. de centro a centro; hay xente que as fai de arcilla refractária, eu vexo isto un pouco delicado xa que no tramo final da fornada se cadra no metemos a leña no fogar ca delicadeza necesaria e é moi mal momento para que rompa algo.
Con todas estas indicacións temos unha idea máis ou menos exacta do forno a facer, dibuxámolo a escala con todas as medidas e chegamos ó momento de construilo; aqui sempre surden imprevistos que teremos que solucionar con doses de sentidiño. Imos ver a construcción das diferentes partes do forno e as diferentes alternativas.

Voltar arriba