COMBUSTIBLES E
MATERIAIS
Hai tres eleccións básicas á hora
de construir un forno: o deseno, o combustible empregado e o material
de construcción. Vaiamos por partes.
Combustibles
A elección do combustible non é unha decisión que sempre dependa de
nos, moitos talleres só poden usar, por razones legais, fornos eléctricos,
e a dia de hoxe resulta difícil construir un forno de leña sin ter problemas
cos veciños ou cos permisos ou cas dúas cousas ó mesmo tempo. A maioría
dos talleres usan o gas como combustible e a verdade é que resulta moi
cómodo e limpo, na miña opinión ten dous inconvintes: un é que ten certa
perigosidade e aínda que os queimadores veñen equipados con termopar
e válvula de seguridade a realidade é que eses termopares non duran
moito e os ceramistas acaban cocendo con eses sistemas de seguridade
ponteados, e hai algún susto por ahí que certifica isto; o outro inconvinte
é que para conseguir o contrato ca empresa suministradora do gas primeiro
deberemos pasar a visita dun inspector, nalgúns casos son reticentes
a dar por bó un forno autoconstruido e sin homologación de industria,
as veces incluso se lles nota que están seriamente alarmados,
si é asi temos un problema, xa que o ben convencemos o inspector da
seguridade do forno ou ben teremos que facer os trámites para homologalo,
co conseguinte retraso e encarecemento. Curiosamente tenden a poñer
menos problemas cando instalamos a cisterna como fonte do suministro
do gas en vez das botellas industriais. Si o suministro xa o temos garantido
dun forno anterior ou polo que sexa entón non temos problemas.
Eu uso o gas-oil como combustible, non ten problemas de inspectores
nin resulta perigoso pero ten o inconvinte de que cunha gota por aiqui
e outra por alá acaba cheirando a zona do forno como unha gasolineira,
tamén ten a pega dos queimadores. Os habituais queimadores de gas-oil
empregados nas calefaccións son moi eficientes e fiables pero teñen
un defecto, a súa potencia calorífica só é regulabel intercambiando
o chiclé; a diferencia dos de gas que cun simple regulador manexamos
a potencia como sexa necesario, os queimadores de gas-oil lanzan de
principio a fin a mesma potencia e iso en cerámica é inviable. Hai recursos
como o de ter encendido o queimador un rato e logo apagalo (algo parecido
de como fan os eléctricos) para iso necesitamos un sistema eléctrico
mediante temporizadores, regulando o tempo de encendido e o tempo de
apagado. Hai ceramistas que usan este sistema combinado co do intercambio
de chiclé a media fornada e lles vai ben. Existen, tamén, uns
queimadores de gas-oil específicos para cerámica nos que se pode regular
a potencia sin problemas, cando os atopei xa hai anos o seu prezo rondaba
os 900 € . A alternativa
a este sistema é facer un mesmo os queimadores, antiguamente chamados
"mecheros". Atopei un plano deste tipo de queimador nun libro,
o deseno e do neozelandés Roy Cowan e chámalle Jet Burner, son moi sinxelos
e a verdade é que funcionan moi ben, levo anos con eles cocendo a temperaturas
de gres sin problemas. (Ver
plano)
Resumindo, a elección do combustible dependerá da ubicación do forno,
da lexislación local e das nosas apetencias (sin esquecer a opinión
dos veciños). Si ten que ser eléctrico non hai máis que falar e só nos
queda mirar catálogos, certo que hai xente que se fai os seus propios
fornos eléctricos pero non é a miña especialidade. A maior parte das
veces optaremos polo gas e só teremos que calcular a potencia necesaria
do queimador, uns poucos optamos polo gas-oil e máis raro resulta quen
se lanza a construir un de leña. Lástima que o meu vecindario non ature
unha fornada de leña (creo que na primeira fornada chamarían urxentemente
ós bombeiros, protección civil e policía, e si cadra non por esa orde)
porque é , por moito, a fornada máis intensa e apasionante; non tería
un forno de leña como único forno pero encantaríame facer unha fornada
de leña por ano.
Materiais
Na actualidade poucos fornos son dos chamados de obra, máis
ben a maior parte de eles son estructuras de ferro forradas de fibra
no interior. É unha construcción sinxela, barata e que non require coñecementos
de albañilería nin de construcción en xeral, pero repasemos os diferentes
materiais que nos ofrece o mercado:
- Ladrillo refractário denso.- É o
ladrillo refractário de toda a vida e non debemos confundirlo co ladrillo
aillante, eu só recomendo o seu uso para a base do forno, muros deflectores
e parte da chimenea. Cada ladrillo pesa casi tres kilos e teñen moi
boa resistencia mecánica pero son escasamente aillantes e iso tradúcese
en que si os usamos para muros da cámara teremos que quentar toneladas
de ladrillo en cada fornada e non está o prezo do combustible para tales
alegrias. Ca mesma composición que estes ladrillos fabrican agora uns
bloques refractários de distintas formas, teñen partes macizas e partes
hocas e resultan máis aillantes, combinados con fibra poden resultar
moi interesantes.
- Ladrillo refractario aillante .- Tamén chamado
ladrillo poroso, é moi livián e de pouca resistencia mecánica pero unha
capacidade aillante similar á fibra, só ten o problema do prezo que
é sobre 4 ou 5 veces superior ó ladrillo denso; as paredes dun forno
levan gran cantidade de ladrillos e o prezo por unidade é importante.
A combinación de ladrillo aillante á cara de lume e fibra no recheo
é a mellor combinación, si o presuposto o permite, si non é asi recurriremos
á fibra.
- Fibra cerámica.- Na actualidade é o material
máis utilizado con diferencia. Hai moitos tipos según a temperatura
de utilización e os distribuidores nos poden atiborrar de catálogos
donde veñen as especificacións. A máis común e a que ven en rolos de
7 m. de longo por algo menos de 0,70m. de ancho e cun espesor de 1"
(25,4 m.m.), só teremos que mirar atentamente a temperatura máxima
de uso e deixar unha boa marxen ca temperatura na que cocemos habitualmente,
xa que a fibra levada o límite pode caer nun proceso que se chama sinterización
e a partires de aiqui degradarse rapidamente. A súa colocación e sinxela
xa que vai collida cuns tirantes de aceiro refractário e unhas pezas
cerámicas chamadas cuplós, tamén temos a posibilidade de pegala cunha
cola especial pero este sistema ten o problema de que cando desmontemos
o forno teremos problemas para reutilizar esa fibra.
- Ladrillo roxo.- Non se utiliza habitualmente
e iso é un erro. Explícome. O ladrillo galego non é ningunha coña, e
aguanta temperaturas máis altas que o típico ladrillo de obra que ven
do levante; teño participado en coccións de cerámica tradicional en
fornos de leña con paredes de ladrillo roxo de obra de toda a vida,
e aquelo funcionaba. Eu teño usado ladrillo roxo macizo como primeira
capa da base do forno, e cando anos despois desmantelei o forno, aqueles
ladrillos estaban impecables. E si imos facer un forno de obra podemos
sopesar seriamente a posibilidade de construilo con ladrillo roxo de
obra e forralo con fibra no interior; si vemos normal facelo de chapa
de ferro por fora ¿que mal ten o ladrillo?.
- Cemento ou morteiro refractário.- Tanto
si o forno vai ser de obra como si non, sempre necesitaremos unha cantidade
de cemento refractário. Nos distribuidores do ramo podemos atopar distintas
clases destes materiais. O cemento refractario soe ser un pouco dificil
de usar, seca moi rápido enriba do ladrillo aínda que teñamos a precaución
de meter antes o ladrillo en auga; eu sempre o mezclo con algunha arcilla
refractária basta tipo fireclay e tamén se lle pode engadir caolin e
chamota.
Daniel Rhodes, no seu libro sobre fornos da unha receta de morteiro
refractário de fraguado en quente:
60 de arcilla refractária
40 de chamota - malla 30
1% en peso de silicato sódico
É convinte lembrar que o morteiro deberémolo usar para asentar os ladrillos
e levar as hiladas niveladas, hai que usalo con discrección.
-Formigón refractário .- Este é un material
curioso, trabállase igual que o formigón normal, é decir facemos un
encofrado da parte do forno que queremos e colamos o formigón, si dispoñemos
dun vibrador para cemento mellor, asi quedará máis compactado. Unha
vez seco quitamos o encofrado e listo. A diferencia co formigón que
vemos nas obras está en que usa un cemento a base de aluminato cálcico
o que lle permite soportar temperaruras altas sin estalar, teoricamente
poden aguantar atá os 1300º según a composición. Un dos primeiros fornos
que construin (800 litros) levaba o arco de formigón refractário forrado
no interior de dúas capas (5 cm.) de fibra de alta temperatura, o resto
dos muros eran de ladrillo refractário denso tamén forrados exactamente
igual que o teito, cando doblaba o cono de 1280º C o teito estaba sensiblemente
máis frio que o resto. Eso si, cando anos despois deixei aquel taller
e tiven que desmontar o forno costoume dios e axuda. Cando facemos a
masa de formigón podémoslle engadir materiais aillantes como vermiculita,
perlita, cascote de ladrillo aillante, anacos de fibra, etc. Non é convinte
facer pezas demasiado grandes ( ou fornos dunha peza colada) por aquelo
das fendas, aínda que podemos facer unha construcción moi sólida si
lle preparamos unha estructura de alambre no interior, a modo do "mallazo"
que se emprega nas obras. O formigón é un material aínda pouco empregado
pero que en realidade ten moitas posibilidades. Resulta moi tentador
facer deste material a porta (forrada de fibra no interior) e asegurarnos,
asi, un bó encaixe; nestes casos só debemos ter en conta que o formigón
é un material moi pesado e a porta en cuestión vai pesar un quintal
polo que deberemos facer un apoio para que o peso non esté soportado
só polas bisagras.
Voltar arriba