Catálogo

Pastas

Esmaltes

Deseño de fornos

Investigación cinzas

Videos

Curriculum

Cómo chegar

Direccións de interése

Contactar

Outras webs

 

Pastas

As pastas son elaboradas no propio taller a partir de materias primas galegas, as arxilas e caolíns desta comunidade son de gran calidade e especialmente bós para a elaboración de pastas de alta temperatura. As veces, o problema é atopar quen comercialize esas arxilas, e tamén cómo as comercializa. Hai barreiras en explotación pero só comercializan ó grande, é decir, por camións; isto tradúcese en que si facemos un pedido debemos estar preparados para que nos deixen unha montaña de varias toneladas de arxila na horta. Isto, para moitísimos talleres, é inviable.
Hai tres áreas donde se poden conseguir arxilas: a zona de Bergantiños ( Buño e Lendo - Laracha), na costa de Lugo ( Burela,Fazouro e Barreiros) e na zona de Porriño. As de Bergantiños teñen máis ferro que o resto pero as comercializan en pó, o que facilita o seu uso. Tanto en Porriño como na mariña de Lugo comercializan a granel, pero especialmente en Lugo merece a pena si se ten sitio. O barro de Buño ( moi coñecido pola súa cerámica tradicional ) resulta especialmente interesante e versátil xa que soporta temperaturas de 1170ºC e máis e tamén aguanta coccións tan extremas como o Raku. Aqui van algunhas das receitas empregadas no taller:

Arxila Laracha
60

Moi boa pasta, cando está ben gresificada ten un encollemento alto ( 14% ) pero resulta moi fiable, sin fendas nin deformacións. Bó torneado.
A cor é parda oscura e máis oscura en reducción pero reacciona moi ben o ferro da pasta cos barnices, chegando a facer bó algún barniz insulso.

Caolin de Burela
10
Barro Buño - B100
18
Chamota # imp. Asturiana
12



Arxila de Laracha
50

Pasta algo máis "dura" que a anterior, mellor para traballar a 1280 - 1300ºC. Bó torneado e cor parda oscura

Caolin de Burela
30
Camota # imp. Asturiana
20
Pegmatita de Silán
10


Métodos de preparación.-

Á hora de decidir fabricar a  nosa propia pasta é importante ter claro como  imos  facer, para iso non hai un único sistema e, como soe ocurrir noutras facetas deste oficio, deberemos adaptar o sistema ós nosos medios e posibilidades; isto dos medios é unha cousa relativa e mentres para algúns ceramistas certos medios son básicos e irrenunciables, isos mesmos medios para outros son unha quimera. Unha cousa está clara: resulta moito máis cómodo facer unha chamada e que  manden unha tonelada de gres que poñer mans á obra e facelo nos mesmos. Pero a comodidade  págase e si por riba non estamos moi conformes ca calidade do producto é cuestión de pensarlo o de elaborar nos mesmos a pasta que nos guste.
Antes de nada necesitamos un distribuidor, o ideal é que nos vendan a materia prima en pó "impalpable", é o máis cómodo xa que moi habitualmente necesitaremos mezclala con outros materiais nunha proporción determinada e tamén é importante que "nos toleren"; explícome. Por regla xeral as minas de arxila comercializan o seu producto por toneladas (  e non unha ou dúas) desde esa perspectiva  resúltalles curioso, cando non un latazo, que lles vaias pedindo unha mostra para saber si lles poderás pedir unha tonelada ou dúas. Resulta bastante incómodo sentir que estás estorbando ( as veces non dubídan en facelo ver), neses casos non queda outra que paciencia e determinación. Superada a fase do distribuidor entramos na fase da elaboración en si.
Normalmente, as pastas son mezclas de varios compoñentes, asi pois deberemos pesalos e mezclalos, para pesalos dispor dunha báscula capaz de pesar moitos kilos  pódenos resultar moi útil. A partires de aiqui o método é variable según os medios. Desde que comenzei  elaborarme a pasta  probei diferentes métodos pero que básicamente fóron dous, que eu lles chamo o de batido e o de ensilado.
Batido.- Neste sistema unha vez que temos pesados os ingredientes engadimos auga e batimos a mezcla atá que quede unha barbotina. Para batir babriquei unha batidora a partir dun motor de lavadora, unha especie de taladro xigante, tamén podemos usar un taladro convencional pero non durará moito; no mercado hai uns taladros específicos para batir (pensados para masas de escaiola , cementos, etc) que poden servir sin problemas. O punto débil deste método está no secado, habitualmente recurrese a grandes planchas de escaiola, co que unha parte do espacio do taller deberemos dedicalo a ese proceso de secado. Algúns ceramistas aseguran que o uso continuado de secar as masas en escaiola vai restando plasticidade á arxila, eu non podo aseguralo pero si da esa sensación. Outro método de secado consiste en usar sacos de tela e verter a barbotina no interior, ten que ser una tela resistente tipo loneta; unha vez cheo, pechámolo e o colgamos para que escurra a auga; é un sistema máis lento e funciona mellor si o facemos nun espacio exterior cuberto.
Se cadra, este método de fabricación de pastas funciona bén en climas cálidos pero en Galicia resulta tedioso, incómodo e extremadamente lento.

Ensilado.- É o sistema que uso na actualidade e é ben sinxelo. Despois de pesar os ingredientes mezcloos nunha carretilla cun sacho ou cunha pá, unha vez mezclados poño esta pasta seca cun pouco de auga no "silo". O silo en cuestión non é máis que unha especie de caixa grande feita cun plástico negro do que se usa en agricultura, eu fago isto enriba dun palé e xa aproveito esas medidas. Imos botando no seu interior a mezcla seca e engadindo auga (sin pasarnos) o ideal é dispor dunha mangueira con pulverizador. Cando rematamos fechamos ben a caixa de plástico e xa está, nuns dias a pasta estará uniformemente húmeda. O mellor é dispor de dous silos, asi mentras usemos un no outro poderemos ir botando os restos secos, reciclando e preparando a seguinte partida. Nin que decir ten que istos silos non poden estar na parte soleada do taller, o óptimo é que esté nun lugar sombrio e húmedo, e si está no exterior o mellor é poñelo na cara norte. Para partidas pequenas podemos recurrir a usar o mesmo sistema pero usando un cubo de goma (o que aqui chamamos capacho) ou ben un saco de plástico.

A parte final de calquera método é pasar a pasta pola galletera, esta máquina é casi imprescindible, e digo casi porque durante años preparei pasta sin ela, amasando cos pés. É un método antigo que permite amasar partidas duns 200 kilos de cada vez. De todo-los xeitos unha galleteira sempre é unha boa inversión, aínda que non preparemos a nosa pasta, xa que resultarános moi útil á hora de reciclar a pasta que usemos.
Hai tamén maquinaria que nos pode valer para elaborar a pasta, unha especie de mezcladoras, que sobretodo aforrarános tempo. Este tipo de maquinaria úsase en panaderia e todas está baseadas no mesmo principio : un eixe con pás estreitas que rota dentro dun recipiente. Este principio é o inverso das formigoneiras (que sempre é a primeira máquina na que pensamos); nestas, o eixe central é estático e xira o tambor metálico exterior, este método vai ben para mezclar ingredientes en seco pero si o humedecemos, a arxila, a diferencia do cemento, tende a quedarse pegada no interior dese tambor. A máis coñecida destas pequenas máquinas de panaderia é o chamado muiño de buñuelo, no que o eixe central rota á vez que ten un movimiento lonxitudinal.
Un problema que nos pode surdir con estas máquinas é que si cadra precisemos corriente trifásia, si queremos que unha mezcladora mova con soltura partidas grandes precisaremos motores de sete cabalos, iso é moito cabalaxe para corriente monofásica. Unha alternativa é usar motores diesel de formigoneira, son moi resistentes e hai mercado de segunda man
En certa ocasión tiven a oportunidade de ver en pleno funcionamiento unha máquina á que chamaban Ribbon Blender, é unha especie de mezcladora, como a do dibuxo, fabricada no propio taller, permitia preparar partidas de máis de 100 kilos de cada vez en moi pouco tempo. O eixe central xira a unha velocidade de entre 20 e 30 r.p.m.  o cal implica unha forte reducción a base de rodas dentadas ou poleas. O grado de humidade da pasta é fácil de regular xa que o podemos comprobar sobre a marcha. Unha máquina deste tipo acelera moito o proceso de elaborar a pasta e nun par de dias podemos ter o suministro asegurado para un ano. E iso non é broma ningunha.
O cálculo das rodas o poleas que necesitamos para unha reducción determinada é moi sinxelo e está baseado na fórmula : X= N x (Rc / Rcc) na que X é la velocidade final que queremos conquerir, N é a velocidade do motor (ambas as dúas en revolucións por minuto ), Rc é a ( ou as) rodas conductoras y Rcc as rodas conducidas; estas rodas exprésanse en nº de dentes si se trata de engranaxes ou diámetro en m.m si se trata de poleas. A partires da fórmula quédanos a ecuación : X / N = Rc / Rcc. Pero mellor vexamos un exemplo.
Imaxinemos que necesitamos pasar de 1500 rpm a 30 rpm, as rodas as calcularemos a partires da fórmula : 30 / 1500. Asi tal cual resulta inviable xa que unha roda de 1500 dentes ou semellante diámetro éincluso perigoso. A solución é ir a dúas rodas conductoras e dúas conducidas, como na ilustración; si nos fixamos hai unha primeira pequena roda que transmite o movimento a unha grande que a súa vez ten outra pequena roda no mesmo eixe que transmite o movimento a outra gran roda que é a que move o eixe da máquina , neste caso as rodas pequenas son as conductoras e as grandes as conducidas, as imos chamar A,B,C e D,seguindo co exemplo sería algo asi como 6 x 5 / 50 x 30 = 6 / 50 x 5 / 30 , sempre que multipliquemos cada fracción polo mesmo número a relación será a misma; non é necesario multiplicar todas as fraccións polo mesmo número senón cada unha polo que nos conveña. Un resultado podería ser: 36 / 300 x 35 / 210. Neste caso multiplicouse a primeira fracción por 6 e a segunda por 7. Asi pois temos que A= 36, B= 300, C= 35 e D= 210

Voltar arriba