Este é un tipo de torno moi práctico e que ocupa relativamente pouco espazo. Ten a ventaxa de que torneamos de frente, igual que no torno eléctrico. Estes son os planos orixinais sacados do torno no que traballei nun tempo pero admite modificacións. A transmisión e do tipo biela manivela e a súa construcción podenos dar certos problemas. Pero hai sistemas alternativos como, por exemplo, acoplar debaixo da roda un piñón de bicicleta, isto implica modificar a posición da palanca de arrastre. O diámetro da roda non é unha medida fixa e o tope dela virá marcado polo hoco que hai entre as patas; teño visto tornos deste tipo con rodas de non mais de 50 cm. feitas con cemento, e funcionaba perfectamente